O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, manifestou a súa decisión de potenciar as excelentes relacións con Trento (Italia) para posibilitar un irmandamento desta provincia autónoma coa comunidade de Galicia. Roberto Varela fixo este anuncio tras recibir a unha delegación da Associacione Anaune Amici del Cammino di Santiago que completou a súa ruta de Porto a Santiago polo Camiño Portugués.
Varela aproveitou o encontro para manter unha reunión de traballo co Assessore alla Cultura, Rapporti europei e Cooperazione, Franco Panizza, o representante institucional da provincia de Trento que acompañou ao medio cento de peregrinos italianos no seu tramo final desde Padrón. Para o conselleiro supón “unha oportunidade única para empapar os territorios do Camiño dun acervo cultural e relixioso común” e ven lexitimado polas similitudes que gardan entre si ambas comunidades respecto á tradición xacobea. Roberto Varela e Franco Panizza acordaron elaborar un documento referido ao irmandamento entre Galicia e Trento que sirva como liña de traballo conxunto de cara a súa consolidación en 2010.