A Concellaría de Medio Ambiente Urbano suspende a recomendación de non bañarse na praia fluvial de Ponte Sampaio, logo de que as analíticas realizadas ex profeso polo Concello deran bos resultados. As augas presentan unha perfecta calidade para o seu uso, aínda que o perigoso vertido de policloruro de aluminio procedente da depuradora de Ponte Caldelas acabou coa vida no cauce do Verduxo, tanto flora como fauna, que tardará moito en recuperarse.
Todo parece indicar que a recuperación da auga debeuse ao incremento do caudal da auga grazas a que se aliviaron os emblases río arriba, e ao paso do tempo dende que se produxo o verquido, fai este sábado dúas semanas.