O Concello de Lugo vén de recibir unha axuda de 50.000 euros para acometer un proxecto topográfico que permitirá poñer en valor e estudar a Muralla a nivel internacional. O proxecto, denominado Moenia Lucensis, benefíciase así dunha subvención para proxectos de conservación, protección e difusión de bens declarados Patrimonio Mundial.
A través deste proxecto preténdese dar a coñecer a Muralla e incrementar a súa difusión a través das novas tecnoloxías. A primeira fase, obxecto da subvención, centrarase na posta ao día e informatización de toda a información documental, planimétrica e arqueolóxica existente sobre o monumento. A segunda fase baséase na difusión ao público en xeral, a través das novas tecnoloxías, de toda a documentación existente sobre a Muralla.