Máis prazas para o programa de balnearios da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra resolveu favorablemente a aprobación do expediente para a ampliación do “Programa Diurno de Balnearios 2009”. O organismo provincial decidiu incrementar o presuposto destinado a este proxecto co obxectivo de dar cabida ao elevado número de persoas que solicitaron participar nel.

Este programa destinado aos máis maiores da casa conseguiu reunir na campaña de primavera a 2.466 persoas, que xeraron un gasto de 128.232 euros. Ante o éxito alcanzado, de cara a campaña de outono, a Deputación decidiu ampliar o presuposto ata os 200.000 euros; se ben agora, tendo en conta que o índice de participación excedeu novamente ao inicialmente previsto, o organismo provincial resolveu achegar 34.572 euros máis. Este programa ten por obxecto proporcionar ás persoas a partires dos 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar, unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida e maila súa saúde.