A Xunta de Galicia elaborará un novo plan de residuos urbanos, co horizonte de 2020, e ampliará a planta de Sogama en Cerceda, desbotando o plan que encargara o anterior goberno. Segundo o conselleiro do ramo, Agustín Fernández, a intención é que as directrices ata 2020 estean aprobadas definitivamente a finais de ano.
A problemática dos residuos sólidos urbanos é vella, pero non por iso deixa de estar vixente. Porque, sen dúbida, un dos problemas medioambientais máis importantes dos países desenvolvidos é qué facer coas toneladas e toneladas de lixo que xeramos os cidadáns.
Outro efecto do progreso sobre o medio ambiente é a obtención de enerxía a través de métodos pouco respectuosos ou que teñen consecuencias sobre o medio. A este respecto, coñeceuse que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil multará a Endesa e a Catisa por danos no río Sil a causa dunha vertedura de residuos dunha mina.
A sustentabilidade é un dos camiños polos que queren discorrer as accións dos gobernos, pero en ocasións é difícil cumprir uns parámetros mínimos. Sen embargo, noutras ocasións, abre posibilidades infinitas. Por exemplo, na área de reserva da biosfera que conforman os concellos ourensáns de Rairiz de Veiga, Allariz, Vilar de Santos e A Bola apuntan a posibilidade de crear unha central de biogás, a sinalización de rutas de sendeirismo ou a potenciación de núcleos rurais.