A Confraría do Viño do Condado investirá como cofrade de honra ao presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, o vindeiro domingo. O acto terá lugar na fortaleza, no transcurso dos actos do cincuenta aniversario da Festa do Viño do Condado. Tamén serán nomeados cofrades o pregoeiro da festa –o xornalista Bieito Rubido-, o bodegueiro José Antonio López (Tricó) e o presidente das adegas Coto Redondo, Antonio Méndez.
Outros dos actos previstos son a Mostra dos viños da D.O. Rías Baixas, subzona do Condado, a mostra filatélica ou o concurso de viños para elixir aos Deliciosos do ano.
Outros dos actos previstos son a Mostra dos viños da D.O. Rías Baixas, subzona do Condado, a mostra filatélica ou o concurso de viños para elixir aos Deliciosos do ano.