O concelleiro de Turismo de O Grove, Jorge Olleros, está ultimando os preparativos da presentación da Festa do Marisco en Penafiel (Portugal). Ao mesmo tempo, e como vén sendo habitual, a semana gastronómica presentarase nunha cidade española que, probablemente, sexa Medina del Campo (Valladolid).
A intención destas presentacións é promocionar o evento nos lugares dos que procede a maioría dos turistas que se achegan a O Grove.
A intención destas presentacións é promocionar o evento nos lugares dos que procede a maioría dos turistas que se achegan a O Grove.