O Parador de Santo Estevo, entre os mellores hoteis-mosteiros do mundo

O Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil foi recoñecido recentemente como un dos mellores hoteis-mosteiros do mundo, segundo publicou o diario británico Daily Telegraph. O convento foi destacado pola exhaustiva restauración do edificio, a súa vangardista decoración e o seu marabilloso entorno natural e histórico.

O diario británico tamén destaca a exquisita gastronomía deste particular aloxamento, xa que o seu restaurante especialízase en pratos da cociña local e conta cunha terraza dende a que se pode observar un bosque de castiñeiros. Outros dos mosteiros destacados polo diario británico están ubicados en Praga, Cuzco e Siena.