O Plan de Coordinación de Loita contra o Furtivismo, que leva operativo dous meses e medio, está a dar os seus froitos. Segundo detallou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, dende a posta en marcha do plan fixéronse 3.386 inspeccións que derivaron en 738 infraccións. Estas actuacións deron como froito a aprehensión de 18.361 quilos de especies capturadas de xeito ilegal fronte aos 900 quilos comisados no 2008, o que supón un incremento de case un 2.000%.
As incautacións de útiles e materiais feitos na presente campaña tamén foron superiores ás do mesmo periodo do 2008, pasando de 4.202 incautacións no 2008 a 5.705 no mesmo período no ano 2009.
As incautacións de útiles e materiais feitos na presente campaña tamén foron superiores ás do mesmo periodo do 2008, pasando de 4.202 incautacións no 2008 a 5.705 no mesmo período no ano 2009.