O Partido Popular de Galicia insta á Xunta, a través dunha Proposición non de Lei rexistrada no Parlamento, a promover o consumo de produtos procedentes da actividade pesqueira galega e a incorporalos nos menús dos centros públicos dependentes da Administración autonómica, como escolas, residencias, centros de día ou hospitais, en substitución do peixe panga do sudoeste asiático. A iniciativa, presentada polo portavoz de Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, solicita tamén que o Goberno central poña en marcha un plan de inspección e mostreo e intensifique o control das importacións deste peixe foráneo.
O peixe panga aumentou estes últimos anos a súa presenza no mercado como un produto substitutivo dos filetes de pescada ou do fletán conxelado.
O peixe panga aumentou estes últimos anos a súa presenza no mercado como un produto substitutivo dos filetes de pescada ou do fletán conxelado.