A Xunta investirá 600.000 euros nun plan para protexer e asegurar a calidade das augas das concas dos ríos Mero e Barcés e da presa de Cecebre, que abastecen ao municipio coruñés e ao seu entorno metropolitano. A iniciativa ten un segundo obxectivo: fomentar as boas prácticas no uso da auga na comarca.
O proxecto realizarase grazas a un convenio entre a Xunta, os concellos de Abegondo e A Coruña e a Empresa Municipal de Augas da Coruña. Ademais dos 600.000 euros da Xunta, Emalcsa aportará 102.000 e Abegondo, 277.078. A Consellería do Medio Rural, pola súa banda, encargarase de mellorar os bosques de ribeira da presa de Cecebre.