O mes de setembro vén cargado de celebracións marianas e catro delas son especialmente multitudinarias. De feito, atraen a milleiros de romeiros de Galicia e incluso de fóra da nosa comunidade. Unha delas é a da barca de Muxía, declarada de Interés Turístico Nacional, que terá lugar do 11 ao 14 de setembro. Agárdase a participación de máis de 100.000 persoas. Outra das multitudinarias citas de setembro é a romaría dos Milagres de Amil, no concello pontevedrés de Moraña. Peregrinan a este santuario milleiros de fieis, que participan activamente dos actos civís e relixiosos programados para a ocasión.
Volvendo á provincia da Coruña están outras dúas romarías moi populares. En A Pobra do Caramiñal celébrase o Nazareno, célebre pola procesión das mortallas e que se remonta ao século XV. E no veciño municipio de Rianxo cada mes de setembro teñen lugar as festas da Guadalupe, nas que milleiros de persoas se congregan para rendir devoción á “moreniña”.
Mentras, na vila pontevedresa de Cangas do Morrazo continúan as festas do Cristo do Consolo, que atraen a milleiros de persoas. Un dos pratos fortes chegará o venres co concerto do cantautor canario Pedro Guerra.