A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, reuniuse co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, co que tratou diferentes temas de interese para a provincia. Entre eles, a promoción do Camiño Portugués de cara ao Xacobeo 2010. Carmen Pardo anunciou que Pontevedra será a sede da primeira área BTT de Galicia. Trátase dun espazo ao aire libre para a práctica deste deporte de bicicleta que posibilita un coñecemento do medio natural e rural. Crearanse varias rutas que sumarán un total de 100 kilómetros e que serán dotadas de balizamento, sinalización e duchas, entre outros servizos.
Por outra banda, a secretaria xeral para o Turismo anunciou a promoción do Camiño Portugués pola costa a través de guías turísticas. Asimesmo, informou de que se realizarán unha serie de melloras como a súa limpeza e reparación de elementos patrimoniais danados. Louzán, pola súa banda, indicou que dende a Deputación vaise traballar para que os camiños que pasan pola provincia estean en perfecto estado.