Unha estación intermodal para Lugo

O alcalde de Lugo vén de cualificar de moi positiva a decisión do Ministerio de Fomento de crear unha estación intermodal na cidade. López Orozco destaca que se trata dunha actuación “moi importante” para Lugo e avanza que nos vindeiros días se creará unha comisión na que estarán representados todos os axentes implicados no proxecto para que este poida ser unha realidade o antes posible.

O rexedor subliña que a estación intermodal permitirá converter a Lugo nunha cidade máis europea, ao tempo que terá un novo espazo que constituirá un nobo avance nas comunicacións da cidade.