Este domingo celebrarase a VI Marcha Irmandiña ao Castelo de Pambre organizada por Adega, a Plataforma pola Defensa do Alto Ulla e as asociacións de veciños da comarca. Os participantes reuniranse ás 11.00 horas na praza do concello de Palas de Rei para iniciar o percorrido. Este acto reivindicativo que naceu co obxectivo de demandar a posta en valor do monumento e a súa apertura ao público, ten agora unha motivación especial.
Cren agora os convocantes que “os tempos son chegados” e que hoxe “máis que nunca” precisan unha alta participación en defensa do patrimonio. Os actos finalizarán ás 16.30 horas coa realización do roteiro irmandiño polo Camiño Real, ponte medieval e castro de Remonde, onde haberá música e xogos populares.