O proxecto de musealización da cidade de Vigo, que se concretará en 2010, podería incluir a creación dunha ruta dos pazos. Segundo recolle La Voz de Galicia, a idea está promovida pola Asociación de Amigos de los Pazos, que preside Delfina Cendón, pero dende o Concello vese con bos ollos. Vigo conta con cinco pazos rurais integrados na malla urbana: Castrelos, A Raposeira, San Roque, A Pastora e Rivera.
O Concello considera que existen suficientes elementos para impulsar un percorrido pacego e non se descarta aproveitar esta iniciativa para dar a coñecer os diferentes elementos dos edificios, como as torres, as capelas ou os xardíns.