A Xunta abrirá catro edificios da Cidade da Cultura en 2010

A Cidade da Cultura abrirase ao público, aínda que parcialmente, no vindeiro Ano Santo. Concretamente abriranse catro edificios, mentres que os que están en fase de execución deberán “adecuarse” á situación económica da comunidade galega, segundo matizou o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo entende que en 2010 abrirase “unha posta cultural sen precedentes en España”.