Este mércores reunirase o xurado para elixir aos finalistas da modalidade creativa do 5º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo. O xurado degustará as tapas dos 15 establecementos seleccionados e cada tapa será valorada cunha puntuación de 0 a 7, tendo en conta a presentación, elaboración, sabor e relación calidade-prezo.
Dos 15 establecementos seleccionados, o xurado elixirá a catro finalistas que pasarán á final do certame e que terá lugar o vindeiro xoves 2 de outubro. Compoñen o xurado, entre outros, Francisco Outeiro, director da Escola de Hostalería San Javier (A Coruña), ou Samuel Pérez, xefe do Departamento de Cociña do IES Fraga do Eume.