Curso sobre patrimonio e turismo en Santiago

Un ano máis, Mario Crecente está a dirixir un curso de verán da UIMP baixo o título de “Patrimonio e Turismo: a Xestión. Problemática, Retos e Oportunidades” que se celebrará os días 23, 24 e 25 de setembro no Hostal dos Reis Católicos de Compostela. Con este curso, a UIMP pecha o ciclo dedicado a analizar as relacións entre Patrimonio e Turismo, desde unha Galicia ás portas do Xacobeo.

Para este curso proponse un estudo comparado de tres casos singulares do panorama internacional como son o santuario de Machupicchu e o Camiño Inca, a Semana Santa de Sevilla e o Camiño de Santiago. Trátase de analizar cada un deles dende a triple óptica da conservación do patrimonio, da promoción turística e das empresas que xestionan eses recursos. Participarán, entre outros ponentes, Xosé Luis Barreiro Rivas, rector da UIMP en Galicia; Nuria Sanz, do Centro do Patrimonio Mundial da Unesco e Eduardo Lima, representante do Ministerio de Turismo de Perú.