O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu ao sector hostaleiro un "esforzo extraordinario" durante o Xacobeo 2010, co obxecto de consolidar a comunidade como un destino único e un referente de calidade. Feijóo realizou este chamamento durante a Gala da Hostalería de Galicia, organizada por Cehosga, e que se celebrou na cidade da Coruña.
O presidente do Executivo galego indicou que o Xacobeo será "un dos maiores reclamos para coñecer a nosa terra o ano próximo", e engadiu que, por iso, os esforzos vanse centrar tanto en Santiago como no resto das cidades e vilas. Insistiu o titular da Xunta en que o obxectivo é converter a Galicia nun destino único, no marco do compromiso do Executivo "co artellamento e a vertebración do territorio", sinalou. Ademais, amosouse convencido de que todos os hostaleiros galegos ofrecerán, "unha vez máis" a súa implicación e entrega ao servizo tanto dos galegos como dos que se acheguen a Galicia en 2010.
Por outra banda, o director xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Jesús Gamallo, e o embaixador de España en Portugal, Alberto Navarro, mantiveron unha reunión de traballo na que, entre outros asuntos, analizaron posibles vías de cooperación con Portugal de cara ao Xacobeo 2010. Nese sentido, Alberto Núñez Feijóo realizará, en breve, unha visita a Lisboa e tratará estes asuntos.