O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, visitou a adega Rosalía de Castro, da Sociedade Cooperativa Vitivinícola Arousana, situada no concello pontevedrés de Meaño, e pertencente á Denominación de Orixe Rías Baixas. O titular de Medio Rural visitou as instalacións desta adega –onde coñeceu a evolución dos traballos da actual vendima–, en compañía do presidente da Cooperativa, Carlos Carrión, e o xerente de Rosalía de Castro, David Martínez.
A Cooperativa está integrada por un total de 465 socios. A adega conta cunha superficie de 200 hectáreas de viñedo, distribuídas en 1.900 parcelas. Ten capacidade para producir ata 1,8 millóns de litros de viño albariño, que se comercializan a través das marcas Rosalía de Castro e Paco & Lola.