O alcalde de Lugo, José López Orozco, o deputado de Gandeiría e alcalde de Castroverde, José María Arias, e o presidente da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA), César Dorado, presentaron este martes a primeira degustación de carne de Raza Rubia Galega, que se celebrará o 7 de outubro, a partir das 19:30 horas, na Praza de Santa María de Lugo.
Trátase dun día no que os lucenses continúan coa celebración das festas e, ao mesmo tempo, ponse en valor un produto propio e de calidade como é a carne da rubia galega. Repartiranse preto de 1.000 quilos deste produto. A degustación é posible grazas ao convenio de colaboración que a Deputación ten con ACRUGA desde 2007, e que establece que a Asociación deposita un número de novillas no centro de recría de rubia galega da Granxa Gayoso-Castro co obxectivo de expandir a raza. As reses cómpranse aos gandeiros e logo véndense a outros puntos de España.