Varias festas aspiran a conseguir a declaración de interese turístico, co obxectivo de alcanzar unha maior promoción e divulgación. Tal é o caso da Feira das Cabras de Merlán, en Chantada (Lugo), que se reafirma ano a ano cunha programación cada vez máis coidada e coa aprobación do público. Os promotores, a asociación veciñal Santo Tomé de Merlán, elaboraron un vídeo sobre a festa coa intención de enviarllo á Consellería de Cultura de cara a solicitar a declaración de festa de interese turístico. A celebración ten máis de 150 anos de historia pero recuperouse recentemente coa intención de perpetuala no tempo.
E no concello ourensán de Celanova tamén queren conseguir a declaración de festa de interese turístico para tres celebracións: A Ramallosa, Raigame e o Folión Castrexo.
E no concello ourensán de Celanova tamén queren conseguir a declaración de festa de interese turístico para tres celebracións: A Ramallosa, Raigame e o Folión Castrexo.