A Xunta investirá catro veces máis na promoción de voos low-cost durante o 2010. Así o fixeron público a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo; a directora xeral de Comercio, Nava Castro, e mais o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, tras comunicalo por escrito aos tres alcaldes das cidades con aeroporto. O Goberno entende que a promoción dos low cost é un tema de importancia en Galicia, mais aló do turismo, senón con implicacións na calidade de vida dos galegos, na apertura da economía galega, na internacionalización das empresas e na vertebración do territorio.
Nos próximos días, recompiladas as propostas das compañías de low-cost, serán remitidas aos concellos. O obxectivo é crear “complementariedades e non solapamentos”, evitando as duplicidades e triplicidades. Primaranse indicadores tales como o interese turístico, os destinos de interese para a apertura da economía galega ao exterior e a internacionalización das empresas, os destinos de interese para os galegos por diversos motivos (negocio, ocio,…).