A conselleira do Mar, Rosa Quintana, adiantou no Parlamento que o seu departamento intensificará os controis contra o furtivismo de maneira específica en áreas coma a ría do Burgo e Ferrol. Segundo a titular do Mar, unha vez avaliados os resultados acadados ata o momento dentro do Plan de Loita contra o Furtivismo posto en marcha por esta Consellería en xuño, compre redefinir obxectivos “e tirar con énfase e de maneira específica naqueles puntos negros do furtivismo galego”.
A conselleira lembrou que unha parte primordial da loita contra o furtivismo reside en apoiar aos responsables dos colectivos e asociacións profesionais de mariñeiros e mariscadores e garantiu que dende a Consellería do Mar “non se van escatimar esforzos nesta loita, sexan de xestión, de supervisión ou directamente no mar”. Salientou, así mesmo, que un dos principais obxectivos do seu equipo é conseguir que o furtivismo se tipifique coma delito. No tempo que leva operativo o Plan de Loita contra o Furtivismo lévanse efectuado un total de 136 servizos conxuntos entre as distintas forzas de control e vixilancia. Nestes case tres meses téñense comisado máis de 10.230 aparellos de pesca e retirado da liña comercial e extractiva ilegal máis de 20.600 quilos de produtos do mar.