Despois de 15 anos, o Centro Superior de Hostalería de Galicia conseguiu asentarse no panorama nacional e internacional da formación turística. Na actualidade, 1.400 profesionais do sector hostaleiro e turístico, formados neste centro, están traballando en empresas e hoteis de 60 países consolidando un proxecto ambicioso e necesario para Galicia.
A idea de crear o CSHG naceu en 1993. Para deseñar o plan de estudos buscouse o asesoramento de L´Ecole Hôtelière de Lausanne. Posteriormente, en 1996 a Universidade de Santiago asumiu as titulacións de Dirección e Xestión como títulos propios.