A Asociación para o Desenvolvemento Turístico-Alimentario é unha aposta vangardista no apoio á comercialización dos produtos galegos, e a propia imaxe do país como marca, o “feito en Galicia” como estilo, e atractivo nos mercados nacionais e internacionais. Da man da súa directiva, o primeiro Cluster Turístico Alimentario Galego, que reúne a un grupo pretendidamente selectivo, aínda que aberto, de empresas galegas, fixo a súa primeira aparición en escea ante os medios de comunicación.
Os membros do Cluster operan no eido turístico-hostaleiro e alimentario (concebido no seu máis amplo espectro), vencellados entre si por un compromiso co país dende os respectivos vectores de actuación -producións eno-alimentario-gastronómicas, a hostalería e os seus equipamentos, os axentes e servizos turísticos e do lecer, e a comunicación especializada- e caracterizados por un compromiso modernizador, unha traxectoria emprendedora, unha praxis comprometida coa marca de calidade, e a excelencia do “feito en Galicia”, co obxectivo é establecer un modelo de fortalecemento sectorial e de promoción sen precedentes.
Turismo-hostalería e alimentación son subsectores intimamente ligados entre si e complementarios, e a través deste primeiro “cluster” as empresas asociadas unirán sinerxias e economías de escala para contribuír ao seu fortalecemento e consolidación, medrando en riqueza e emprego; propiciando unha base de apoio solidario unindo esforzos a favor daquelas empresas que poidan estar máis febles, para conseguir unha boa, moderna e prestixiosa imaxe do “feito (made in) en Galicia”.
Apoiar e asesorar a realización de eventos e actividades que contribúan á mellor imaxe de Galicia, misión comerciais, busca de novos nichos de mercado, aposta pola calidad e polas novas tecnoloxías son as claves do Cluster Turístico Alimentario Galego.
Liderando esta fase de arranque e consolidación atópanse os fundadores desta iniciativa empresarial sen precedentes: Nélida Concheiro, propietaria de Conservas Hijos de Ramón Peña, como Presidenta, Francisco García-Bobadilla Prósper, do Hotel Méndez Núñez de Lugo, membro do Gremio de Hoteles de Galicia, como Vicepresidente, Guillermo Campos Piñón, director da revista e Grupo HG&T, como Secretario, Benigno Miranda, director de Viajes Atlántico, como Tesoreiro, e como vogais o resto dos socios fundadores: Emilio Conchado (FC FRICOSA), Alfredo Fernández Prieto (Acquavision Galicia), Alfredo Castrelo (restaurante El Refugio- Grupo Xantares), José Posada (Marrón Glacé) e José María Fonseca (Adegas Terras Gauda).