Gandeiros de oito países europeos secundan, polo de agora, a folga de entregas de leite que comezou en Francia en protesta pola crise que atravesan a causa dos baixos prezos que perciben, mentres que en España se están barallando movilizacións, como publica La Voz. Ata o momento xa se sumaron ás protestas gandeiros de Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, Suíza, Austria, Luxemburgo e Holanda.
En España, de momento, a organización Prolec está promovendo unha medida de apoio que consiste en reducir a produción de cada granxa española nun cinco por cento pero xa barallan novas actuacións. En Galicia, pola súa banda, uns mil gandeiros do Sindicato Labrego Galego poderían ir á folga.