A cidade polaca de Cracovia acolle a exposición fotográfica “En Camino”, realizada pola fotógrafa alemá Silvia Steinach e producida pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Trátase dunha mostra que percorre diferentes cidades europeas co fin de promocionar o Camiño de Santiago e o Xacobeo 2010 a partir das vivencias da artista alemá.
O Camiño Francés e a cidade de Santiago son o pretexto desta exposición que percorre os espazos naturais e culturais propios do Camiño na súa ruta máis emblemática.
O Camiño Francés e a cidade de Santiago son o pretexto desta exposición que percorre os espazos naturais e culturais propios do Camiño na súa ruta máis emblemática.