Arzúa acolle unha nova edición de Terr@ctiva

O festival das artes pola biodiversidade Terr@ctiva celebrarase por sexto ano consecutivo na vila coruñesa de Arzúa, concretamente os días 17 e 18 deste mes. Prevese a organización dun mercado ecolóxico con produtos alternativos, entre os que se atoparán cultivos de horta, medicinas naturais ou artesanía.

Tamén se contempla a celebración de obradoiros e funcións de teatro, así como debates, conferencias e exposicións.