Arrincou a campaña marisqueira en áreas de O Barbanza e a ría de Noia e o optimismo é a nota predominante. En Noia, o berberecho chegou a pagarse a 11 euros o kilo, unha cifra que “non está nada mal”, como declarou a La Voz o patrón maior, Santiago Cruz. En total, subhastáronse algo máis de 20 toneladas de berberecho e nove de ameixa babosa.
Pola súa banda, en Ribeira os mariscadores non poden queixarse das capturas e dos prezos acadados. A ameixa babosa máis cara superou os corenta e tres euros o kilo.
Pola súa banda, en Ribeira os mariscadores non poden queixarse das capturas e dos prezos acadados. A ameixa babosa máis cara superou os corenta e tres euros o kilo.