Os concellos de Parada do Sil, Castro Caldelas e A Teixeira, todos na provincia de Ourense, están decididos a poñer en valor o seu patrimonio etnográfico, cultural e social, para o que auspician a publicación do libro “A castaña, patrimonio gastronómico”. O volume está dirixido e coordinado por Javier González, do restaurante A Rexidora de Ourense, en el participan máis dunha ducia de restauradores de todo o Estado, entre outros, Paco Torreblanca (mestre pasteleiro), Pedro Subijana, Jesús Sánchez ou Xavier Pellicer.
Ao abeiro deste proxecto, este luns un grupo de profesionais da cociña galega e española visitan a zona, de cara a fomentar o emprego da castaña na cociña actual. Entre os cociñeiros presentes, Javier Rodríguez Ponte (presidente do Grupo Nove), Rafael Centeno, Héctor López e o propio Javier González (tamén de Nove) e Sacha Hormaechea (Xantares).