Coa chegada do outono multiplícanse as xornadas micolóxicas, unha disciplina que cada vez ten máis adeptos. Na localidade ourensá de Celanova celebran esta semana unhas xornadas adicadas aos cogomelos, que cumpren vintecatro edicións. Ponencias, presentacións de libros, saídas ao campo e exposicións enchen o programa destas xornadas.
Tamén a localidade pontevedresa de Sanxenxo se prepara para acoller unhas xornadas adicadas ás setas que, nesta ocasión, celebraranse a partir do mércores, 28 de outubro. O programa inclúe un obradoiro de preparación e degustación de pratos a base de cogomelos.