O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o presidente da Cámara Municipal de Albufeira, Desiderio Jorge Da Silva, asinaron un protocolo de colaboración que vinculará ás dúas entidades na revalorización do sector do turismo nos destinos das Rías Baixas e o Algarve, no sur de Portugal. Louzán aclarou que se desenvolverán diversas accións, entre as que salientou “encontros entre representantes de ambas partes, definición e realización de proxectos, apoio loxístico nos intercambios de promoción conxunta, busca de financiamento para realización de proxectos común, identificación de socios eventuais e intercambio de información e de documentación técnica”.
Pola súa banda, o presidente da Cámara Municipal de Albufeira destacou que “Galicia ten unha apetencia tamén polo destino sur, polo Algarve, e penso que iso é unha razón moi forte para continuarmos a traballar tamén na revalorización do potencial desta provincia das Rías Baixas exactamente igual na Albufeira. Por alí pasan ao ano 4 millóns de persoas de todo o mundo e isto permitirá darlles a coñecer o destino de Pontevedra a todos eses turistas”. Este protocolo terá unha duración de dous anos, renovables tacitamente por periodos dun ano.