Abrir novos mercados internacionais para os produtos agroalimentarios galegos en xeral, e para os viños en particular, é o obxectivo das iniciativas promocionais que se desenvolverán este días e nas próximas semanas, impulsadas pola Consellería de Economía e Industria a través dos centros de promoción de negocios (CPN) que o Instituto Galego de Promoción Económica ten en Alemaña e en China.
Así, este mércores desenvolverase unha presentación de viños da denominación de orixe de O Ribeiro no Hotel Grand Elysee de Hamburgo. Participarán en total 10 adegas, que presentarán os seus produtos a importadores, maioristas e minoristas de cadeas de alimentación, representantes do mundo da hostalería, da restauración e da prensa especializada.
Do mesmo xeito, o centro de promoción de negocios do Igape en China ocuparase de organizar o evento denominado “Galicia wine fine dinner”, que se desenvolverá o día 13 do próximo mes de novembro no restaurante Blu Lobster do Hotel Shangrila Beijing e que servirá para a presentación e reforzo de imaxe dun conxunto de viños e licores galegos que se comercializan actualmente na República Popular de China.