O Plan Estratéxico de Turismo de Ferrol centra no conxunto histórico formado por A Magdalena e Ferrol Vello o seu plan de actuacións para a mellora da competitividade turística da cidade. Esta decisión non é baladí posto que é por estes barrios por onde transitan a maioría dos visitantes e onde se localizan os máximos atractivos turísticos, segundo apunta o estudo. De feito, no documento considérase que esta zona é a “peza fundamental” sobre a que se debe soster o desenvolvemento turístico de Ferrol.
Entre as actuacións que se apuntan destaca o embelecemento do barrio da Magdalena, a eliminación de impactos visuais como cabos e excesiva cartelería, ou a iluminación artística dos principais atractivos turísticos. Unha das propostas máis novidosas é a de implantar un “Espazo Temático Patrimonial” en A Magdalena, de forma que este entorno convertiríase nunha área tematizada. A base do proxecto estaría na historia e os elementos diferenciais do barrio, como son o racionalismo, a ilustración, o modernismo, etc.