A compañía Iberia cancelou 26 voos para este luns e martes dende o aeroporto de Barajas ás tres terminais galegas debido á folga convocada polos sindicatos de tripulantes de cabina. O paro afecta a oito enlaces entre Lavacolla e Madrid. En Alvedro, a compañía suprimirá oito voos e en Peinador, serán dez as conexións que se cancelen.