O Concello de Lugo habilitará nos próximos días unha liña de axudas para rótulos, toldos e pracas, se ben seguirá esixindo o cumprimento do Pepri. As achegas poderán cubrir o 50% do investimento. Para explicar máis detalladamente as axudas, o Concello levará a cabo a semana próxima varias reunións con todos os afectados pola zona Pepri.
Por outra banda, a Consellería de Cultura e Turismo anunciou unha achega de máis dun millón de euros para a Muralla, mentres que o Museo da Romanización contará con 400.000 euros.
Por outra banda, a Consellería de Cultura e Turismo anunciou unha achega de máis dun millón de euros para a Muralla, mentres que o Museo da Romanización contará con 400.000 euros.