O grupo socialista no Parlamento instou ao conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, a manter as actuacións do anterior Goberno autonómico en prol da promoción das infraestruturas, comercialización e difusión exterior dos viños galegos. Nese sentido, os socialistas acusan a Juárez de “vanagloriarse” dos resultados da colleita pero lembran ao conselleiro que “xa había brotes nas cepas” cando chegou ao seu cargo.