O voceiro de Pesca no Parlamento, Bieito Lobeira, denuncia que “a política das industrias conserveiras e as importacións masivas de mexillón están a poñer aos bateeiros galegos nunha situación límite”. Lobeira lembra que case o 70% da produción galega destínase ao sector conserveiro.
Neste contexto de alta dependencia, o deputado nacionalista denuncia que “a actual política da industria conserveira de non adquirir produción das bateas está a provocar unha situación de extrema gravidade para os milleiros de persoas que viven desta actividade”. Por iso pide que a Consellería do Mar defenda con máis intensidade aos produtores.