Un grupo de investigación da Universidade de Santiago comezou a indagar na historia das variedades de trigo empregadas en Galicia e as innovacións agrícolas que se foron introducindo nos últimos 150 anos para atopar o mellor pan galego, trono para o que hai moitos candidatos.
Para o coordinador do estudo, Lourenzo Fernández Prieto, a carga histórica desta investigación é moi interesante dado que Galicia, a pesar de que se especializou na gandería, introduciu importantes innovacións no campo.