Una vintena de aloxamentos e restaurantes de Terra de Celanova colaboran na creación do primeiro paquete turístico da comarca promovido pola Fundación Comarcal. A iniciativa estará xestionada por unha central de reservas adxudicada á empresa Senderos de Galicia. Aseguran os seus responsables que se trata dunha oferta activa que sorprenderá dentro e fóra de Galicia.
Este primeiro paquete conxuga riqueza patrimonial e cultural a través dun percorrido pola historia de Galicia, con visitas guiadas ao Mosteiro, a Casa dos Poetas, Vilanova dos Infantes e Castromao. Tamén ofrece natureza, con percorridos pola serra do Leboreiro e paseos en catamarán polo Miño.