Segundo amosa o “Estudo de Percepción do xamón ibérico”, realizado pola Asociación Interprofesional del Cerdo Ibérico, a maioría dos españois saben asociar a calidade do xamón ibérico ao tipo de comida que recibiu o porco pero a metade non é quen de distinguir, polo sabor, un xamón ibérico dun serrano. Así mesmo, o 92% dos enquisados sinalaron Jabugo como unha D.O.P. de xamón, pese a que no momento da consulta aínda non o era. A segunda máis coñecida é a de Guijuelo.
Por comunidades autónomas, andaluces e extremeños son os que mellor percepción amosan en canto á diferencia de calidade do ibérico con respecto a outros xamóns curados, mentres que aragoneses e galegos non ven un salto de calidade claro do curado ao ibérico. En canto ao momento de consumo, máis do 70% dos enquisados declara que o aperitivo é o momento preferido para tomar xamón ibérico. En Galicia afirman comelo, sobre todo, en vacacións.