A directiva da asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra manifestou a súa extrañeza ante o feito de que a Consellería de Cultura e Turismo desestimase a súa solicitude de axudas económicas para desenvolver as súas actividades durante o ano próximo. A entidade pedira unha subvención para tres accións concretas: mellorar e actualizar a súa páxina web, organizar as próximas xornadas de estudo e divulgación do Camiño de Inverno e promocionar a ruta mediante gorras e camisetas. O colectivo, que recibiu a negativa da Xunta, agardaba contar co apoio do Goberno galego dada a proximidade do Xacobeo.
O ano pasado, polo contrario, a asociación contara coa axuda da Dirección Xeral de Turismo para editar 80.000 exemplares dunha guía do Camiño de Inverno en galego, castelán, inglés e francés.
O ano pasado, polo contrario, a asociación contara coa axuda da Dirección Xeral de Turismo para editar 80.000 exemplares dunha guía do Camiño de Inverno en galego, castelán, inglés e francés.