O Consello da Xunta aprobou a declaración como Ben de Interese Cultural, coa categoría de monumento, o Castro de Troña, no termo municipal de Ponteareas (Pontevedra). O decreto delimita ademais o contorno do monumento que será afectado pola declaración, de cara á protección e conservación dos accidentes xeográficos e elementos naturais desta área territorial.
O Castro de Troña presenta unha potencialidade patrimonial de gran significación nun periodo moi representativo da cultura castrexa. O estado das súas estruturas, pola súa boa conservación e polos investimentos en escavacións e consolidacións, presenta un aspecto monumental, aínda que hoxe en día moi esvaecido pola invasión da vexetación en boa parte das súas construcións.