A asociación de bares do casco vello de Ourense vén de poñer en marcha una campaña de protestas para tratar de frear o precintado de locais de copas que exercen como pubs cando só teñen licencia de bares. O Concello xa clausurou tres destes locais pero os empresarios piden ao Goberno local que os legalice. De feito, xa presentaron por rexistro seis mil sinaturas de apoio e non descartan boicotear os actos que celebre o Concello.
A única solución que apuntan os empresarios é que o Concello lles dea a estes locais unha nova licencia porque algúns deles levan traballando na noite ourensá ata vinte anos. O presidente da asociación, Carlos Álvarez, recoñece que o 90% dos bares de copas da cidade incumpren o horario de peche.