A Xunqueira de Alba é, dende onte, un Espazo Natural de Interese Local, declaración aprobada pola Xunta de Galicia cunha duración de dous anos. Neste tempo, o Concello de Pontevedra terá que abordar con fondos propios a conservación da marisma e poñer sobre a mesa un plan de conservacióbn deste espazo de grande riqueza ornitológica para que a calificación pase a ter carácter definitivo.
A Xunqueira de Alba é un espazo natural que, ainda que parcialmente degradado polos incomprensibles recheos allí realizados no seu día para o felizmente non nato Polígono de Asempo, ten moito interese medio ambiental ao ser nestes tempos a xunqueira o mellor sistema de depuración, e por servir de refuxio para as aves migratorias, fundamentalmente as acuáticas.