A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, deu comezo ao proxecto de recuperación do Castro das Barreiras, que se prolongará ata finais de mes. O proxecto consiste na limpeza e acondicionamento dos xacemento arqueolóxico, na retirada da biomasa e na documentación gráfica exhaustiva por medio dunha topografía de detalle e de fotografía aérea.
O Castro das Barreiras é un xacemento singular e de moito interese. Sitúase no fondo do val de Vimianzo e mostra á vista unha estrutura arquitectónica espectacular, definida por vestixios do foxo e unha potente muralla que nalgún punto supera os 8 metros de altura. Estas defensas colosais non son habituais nos xacementos castrexos e demostran que o castro das Barreiras foi, no seu día, un poboado importante e que era, probablemente, ainda máis extenso do que hoxe se conserva.