O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presidiu o acto de apertura do curso 2009-2010 do Centro Superior de Hostelería de Galicia no que abordou a “necesidade de impulsar políticas de formación globais que contribúan a mellorar as experiencias turísticas daqueles que nos visitan”. Cada curso, matricúlanse 400 alumnos neste centro, dos que o 90 por cento o fan para formarse como directivos hoteleiros e o resto como xestores en cociña. Este ano, o CSHG conta con 110 novos alumnos en primeiro curso.
Roberto Varela destacou que “tanto no eido turístico, como en calquera sector produtivo, a formación dos traballadores e dos xestores responsables do sector non é unha elección, senón que constitúe un compoñente necesario e inseparable do turismo como dinamizador da economía e da sociedade na que se desenvolve”. Segundo o conselleiro, os profesionais do sector turístico son “a cara visible para os que se achegan a coñecernos” e por elo defendeu que “a formación e un elemento fundamental que debemos potenciar e dotar de recursos”.