O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou no Parlamento os orzamentos para o 2010, que o seu departamento “adecuará á realidade económica actual”. Como eixos centrais dos presupostos, Varela sinalou que o Goberno galego “aposta polo fortalecemento do sector turístico e o apoio ao sector da Cultura de Galicia”
O conselleiro apuntou que para o exercicio 2010 o orzamento consolidado que se dedicará a Cultura e Turismo acadará os 239 millóns de euros, e nunha básica distribución funcional destes orzamentos de cada 100 euros, 59,51 se destinarán a gastos en materia de Cultura e 40,49 euros se destinarán a programas de Turismo. Neste último eido, o programa para “Coordinación e promoción do Turismo” percibirá o maior peso da Consellería acadando 79 millóns de euros.
A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia (Turgalicia), adicará boa parte dos seus orzamentos do ano 2010 a manter e incrementar o número de turistas que visitan Galicia. Pola súa banda, a Sociedade de xestión do Plan Xacobeo, contará con un orzamento inicial de 43,1 millóns de euros, cerca do 60% máis que no exercicio anterior, e que poderá aumentar incrementando as apartacións por patrocinios e vendas durante o exercicio.